lunes, 7 de mayo de 2012

NUEVA RECETA

Sacamos una nueva receta y esta vez contamos el producto por excelencia en Fisterra y que además disfruta de fiesta propia: el Longueirón.Si os interesa podéis leer la entrada completa en la pestaña Firmas QPCLongueiróns de Fisterra en escabeche - Foto: Marcos Rodríguez
Este produto tócame de cerca… Aínda recordo de pequeno o meu pai arranxando o traxe de neopreno unha vez que chegaba do mar. Recordo perfectamente como o esperaba no Varadero de Fisterra sentadiño cos amigos nesas tardes de verán. Encantábame ver se ese día pescara moito ou pouco ou como se movían os longueiróns todos metidiños no capacho entrelazando o que comunmente lle chamamos “pixas”.
Pois ben…

O longueirón de Fisterra é un dos produtos por excelencia da Costa da Morte. Diferénciase da navalla pola súa forma, xa que esta é algo curvada, moito máis escura e de textura diferente. A súa zona de extracción denomínase “Zona 5” e comprende as praias entre Lira e Fisterra destacando as praias de Carnota, Ezaro, Estorde e principalmente A Langosteira en Fisterra pola súa situación estratéxica.

Na súa extracción os mariscadores sumérxense no marcon traxes de neopreno durante aproximadamente 4 horas, nas que realizan entre 150 e 200 inmersións a profundidades entre a zona intermareal e ata os 12/14metros. Todo isto a apnea (sen osíxeno), o que conleva unha extracción ecolóxica, xa que non se daña o medio e conservase o recurso. En cada inmersión podense chegar a coller entre 6/8 longueiróns . Con este método conséguese un produto limpo ou mellor dito, sen areas.